Os próximos 16 e 17 de Xuño celebraráse a XXII xuntanza de peñas barcelonistas no Grove, e como sempre, a peña barcelonista ferrolana organiza un desprazamento para acudir. A viaxe será para ir aos actos principais do domingo 17, ponse un autocar que sairá ás 8 da mañá da parada de taxis do Inferniño. A viaxe é gratuita para os socios, e de 8€ para os non socios.
Aqueles interesados en ir aos actos do 16 de Xuño terán que ir pola súa conta, e para durmir hai un acordo cun hotel no Grove (hotel Villa Juanita - http://www.villajuanita.com-), que para os peñistas que acudan pon prezos populares (25€ habitación dobre, 20€ habitación individual)
O prezo para os actos do 16 de Xuño é de 50€, para os actos do 17 de Xuño son 60€ (menú infantil 25€)
O prazo para apuntarse rematará o 1 de Xullo, aínda que existirá unha prórroga ata o 9 de Xuño, pero aqueles que o fagan entre o 1 e o 9 terán que pagar 5€ a maiores.
A continuación mostramos o plan de actos dos 2 días:

|
O venres 25 de Maio disputaráse no Vicente Calderón de Madrid a final da copa do Rei entre o F.C.Barcelona e o Athletic de Bilbao, e como sempre nestas ocasións, a peña estará presente. Se estás interesado en ir, o Xoves 3 de Maio, ás 20:30 horas, celebraráse no local da peña o sorteo de entradas para o partido. A peña solicitou ao F.C.Barcelona o máximo de entradas permitidas, 4, pero ainda non temos notificación oficial de cantas nos van a conceder. Como mínimo, unha das entradas estará reservada para a xunta directiva, e o resto serán sorteadas. Lembrade que para participar no sorteo existe unha normativa establecida, que podedes consultar na sección socios
O pasado Xoves 16 de Febreiro celebrouse no local da peña barcelonista ferrolana a asamblea anual ordinaria de socios (ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas en segunda), co seguinte resultado:
O pasado día 18 de Febreiro, co gallo da desprazamento do F.C.Barcelona B á Coruña, organizouse unha recepción á cal acudiron represantantes de varias peñas barcelonistas galegas (Ferrol, Ares, Santiago, Marin, Vilalba), e de fora tamén de Galicia (peña de Villabalter - León-) e os membros da comisión deportiva Santi Ballesté e Josep Maria Huguet por parte do F.C.Barcelona. Tamén acudiron varios xogadores e membros do staff técnico, como o adestrador Eusebio Sacristán e o adestrador de porteiros, Carles Busquets. Pola tarde, varios membros da peña acudiron a Riazor para ver o partido entre o Deportivo da Coruña e o Barça B, que rematou con victoria do Depor por 2 a 1 Preme aqui para ver a galeria de fotos O partido entre o Rácing e o Barça será o domingo 11 ás 18:00 horas da tarde, e xa temos definido o planning para a viaxe a Santander:
O hotel reservado en Santander é o Santemar (preme aqui para ver á súa páxina web). O prezo por persoa son 36€ en habitación dobre e 32€ se é habitación triple. O custe da comida do domingo é de 20€ por persoa, e o menú estará formado por cocido Montañés e Merluza rechea de marisco, ademáis de entrantes variados e postre. Lembrade que tendes de prazo ata o 1 de Marzo para apuntarvos á viaxe |




